
Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Comezos da Música Electrónica [Cap2. ISAO TOMITA] - 02/02/1992
Diálogos 3 (Radio 3-RNE)Show Notes
Novo especial da serie DIÁLOGOS 3. Nesta ocasión, segunda metade do especial adicado aos inicios da música electrónica, un programa emitido o 2 de febreiro de 1992 en Radio 3 [RNE], adicado ao sintesista nipón Isao Tomita.
Se na primeira parte deste especial falamos dos instrumentos, nesta nos centraremos nos artistas até dar co noso protagonista, Tomita.
sao Tomita nace en Tokio o 22 de abril de 1932 [acaba de cumprir 80 anos] e pasa a súa primeira infancia en China. De volta a Xapón, inicia as súas primeiras clases privadas de orquestación e composición mentres estudia historia da arte na Universidade. Graduase no ano 1955 e se convirte en compositor para series de TV, cinema e teatro. Para os Xogos Olímpicos de Autralia, en 1956, compón música para o equipo ximnástico nipón.
A finais dos 60, fica fascinado cos primeiros álbumes de Walter [Wendy] Carlos, donde este interpretaba música clásica cun sintetizador Moog [...]
Entrada completa en: http://pequenosmonstros.blogspot.com.es/2012/04/dialogos-3-radio-3-rne-evolucion-da_23.html
Máis "DIÁLOGOS 3" en: http://pequenosmonstros.blogspot.com [Etiqueta "Serie DIÁLOGOS 3 - RNE"]
Audio dixitalizado dunha cita casete do arquivo sonoro do Pequeno Monstro [Rádio Filispim].
More from Diálogos 3 (Radio 3-RNE)
Edición especial de Diálogos 3, apresentado por Ramón Trecet, adicado ao álbum Sòlas, publicado por TALITHA MACKENZIE no ano 1993. O programa foi emitido un domingo do ano 1994 por Radio 3 (RNE).
Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial "LA CONEXIÓN IRLANDESA". Presentado e dirixido por Ramón Trecet. Emitido orixinalmente en Radio 3 (RNE), entre o ano 1990 e 1991.
Dialogos 3 [Radio 3-RNE] - Especial cuarteto de música electrónica xaponés, INTERIOR [Tsukasa Betto, Mitsuru Sawamura, Eiki Nonaka e Daisuke Hinata].
Dialogos 3 [Radio 3-RNE] - Especial YELLOW MAGIC ORCHESTRA - RYUICHI SAKAMOTO
Gravación rescatada e dixitalizada do programa Dialogos 3 [Radio 3-RNE], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.