Diálogos 3 (Radio 3-RNE)

Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial selo ECM - programa 2 [marzo 1992]

Diálogos 3 (Radio 3-RNE)

Show Notes

Seguimos a desempolvar vellas cintas de casete do arquivo sonoro do Pequeno Monstro [Rádio Filispim].

Como dixemos no seu momento, é un "agora ou nunca", e penso que, no caso destas edicións especiais de Diálogos 3, si pague a pena, pola grande cantidade de datos que subministra Trecet sobre os artistas, nun momento no que, lembremos, conquerir información sobre estos tipos de músicas e artistas era unha tarefa certamente complicada, sendo a rede de internet algo que viamos nas películas americanas e pouco máis.

Estamos no mes de marzo do ano 1992. Segunda e última das entregas do especial de Diálogos 3, adicado ao selo de Múnich ECM [Edition of Contemporary Music]. Nesta ocasión Rámón Trecet nos oferece a biografía e traballos no catálogo ECM, dos seguintes artistas:

- JOHN SURMAN [Withholding Pattern, 1985] - OREGON (Ralph Towner, Collin Walcott, Glen Moore) [Oregon, 1983] - CHICK COREA & GARY BURTON [Duet, 1979] - L. SHANKAR [M.R.C.S, 1991] - EGBERTO GISMONTI & NANA VASCONCELOS [Duas Vozes, 1984] - COLLIN WALCOTT con John Abercrombie, Dave Holland & Jack DeJohnette [Cloud Dance, 1976] - PAT METHENY [Offramp, 1982]

Como sempre, calquer lembranza ou emenda a esta entrada se agradece coma comentario.

Unha fin de semana do mes de marzo do ano 1992, sintonía de Rádio 3 [RNE], tres da tarde, Diálogos 3, Ramón Trecet...

Máis info en http://pequenosmonstros.blogspot.com

More from Diálogos 3 (Radio 3-RNE)

Apr 28, 2013

Edición especial de Diálogos 3, apresentado por Ramón Trecet, adicado ao álbum Sòlas, publicado por TALITHA MACKENZIE no ano 1993. O programa foi emitido un domingo do ano 1994 por Radio 3 (RNE).

Apr 13, 2013

Diálogos 3 [Radio 3-RNE] Especial "LA CONEXIÓN IRLANDESA". Presentado e dirixido por Ramón Trecet. Emitido orixinalmente en Radio 3 (RNE), entre o ano 1990 e 1991.

Jun 3, 2012

Dialogos 3 [Radio 3-RNE] - Especial cuarteto de música electrónica xaponés, INTERIOR [Tsukasa Betto, Mitsuru Sawamura, Eiki Nonaka e Daisuke Hinata].

Jun 3, 2012

Dialogos 3 [Radio 3-RNE] - Especial YELLOW MAGIC ORCHESTRA - RYUICHI SAKAMOTO

May 6, 2012

Gravación rescatada e dixitalizada do programa Dialogos 3 [Radio 3-RNE], apresentado e dirixido por Ramón Trecet.

See all episodes →